É Shailene Woodley a nova Mary Jane?

726

A protagonista feminina do filme The Descendants, Shailene Woodley, está a manter conversas para interpretar o papel de Mary Jane Watson na secuela de The Amazing Spider-Man para a Sony Pictures.

Agora e mentres que o casting está por escomezar, as axéncias de representantes están a manter unha febril actividade estes días, xa que non é só Mary Jane Watson o único papel interesante que está en disputa. Por exemplo, o de Harry Osborn e mais o do vilán secundário están tamén no aire.

Polo de agora, Woodley é o nome que os estudos queren incorporar para ser Mary Jane e asemade unir-se ao dos actores principais, Andrew Garfield (Peter Parter) e Emma Stone (Gwen Stacy). Electro é polo que se comenta o supervilán que podería aparecer ben no filme ou ben na secuencia final dentro dos títulos de crédito, e nese caso sería unha figura nas sombras pero rodeado de grandes lóstregos (Electro ten o superpoder de controlar a electricidade despois de que fora alcanzado por un lóstrego).

Avi Arad e Matt Tolmach son os produtores deste filme que conmezará a se rodar a primeiros do ano que ven, coa vista posta nunha estrea que non se producirá até maio de 2014.