Van Rooijen fará o remake dos Paxaros

1160

O remake de The Birds xa conta con director: será o realizador holandés Diederik Van Rooijen (Taped, Daylight), quen ven de se comprometer coa Universal Pictures e a Platinum Dunes pra este proxecto.

Agárda-se que este novo filme sexa unha adaptación moito mais próxima ao conto orixinal de Daphne Du Maurier, sobre o cal a Universal ainda posúe os dereitos para o cinema e que foi a inspiración para a famosa película de 1963 de Alfred Hitchcock.

Tippi Hedren protagonizou o filme orixinal, que tiña un argumento moi pouco sólido pero cuns efectos especiais abraiantes para a época, sobre uns paxaros que escomezan a atacar á xente sen que se saiba o motivo.

Moitos guionistas levan traballando o libreto deste remake ao longo do último decénio, así que polo de agora non se sabe que forma adoutará finalmente o proxecto.