O novo Men In Black xa ten director

724

O realizador neoiorquino F. Gary Gray (The Fate of the Furious) está en negociacións para dirixir o relanzamento da franquía de Men In Black para a Sony Pictures e mais a Amblin Entertainment.

Ningunha das estrelas orixinais da saga, Tommy Lee Jones ou Will Smith, van regresar, pero a série estará ambientada no mesmo mundo e terá unha continuidade coa saga orixinal, polo que non será unha nova versión dos mesmos feitos. Agárda-se que sexa mais ben un recomezo no mesmo xeito que foi Jurassic World: o mesmo mundo, unha premisa semellante, pero con novos persoaxes.

Os guionistas de Iron Man Matt Holloway e Art Marcum están a escribir o libreto desta nova película. En canto entreguen o primeiro borrador, os estudos darán a luz verde para o comezo da produción.

Walter Parkes e Laurie MacDonald regresan coma produtores e Steven Spielberg coma produtor executivo. O filme ten prevista a estrea para o 14 de xuño de 2019.