Carter de Marte… debuxos animados?

805

John CarterO director e guionista Andrew Stanton, que seica está a traballar coa Disney/Pixar para desenvolver un filme baseado na obra clásica de Edgar Rice Burroughs John Carter de Marte, negou á prensa que xa se tomara algunha decisión sobre se o devandito filme será rodado con actores reais, se será de debuxos animados ou se será unha mistura de ambos os dous.

Todo o mundo está a se preguntar iso, pero non tomaremos a decisión até dentro dun ano“, dixo Stanton (Atopando a Nemo) nunha entrevista mentres promocionaba o seu vindeiro filme de debuxos de ciéncia-ficción, WALL*E, o pasado día 20.

Stanton é realmente o responsábel da primeira mistura de acción real e de animación da Pixar en WALL*E na forma de videoclips curtos co actor Fred Willard.

Stanton confirmou asemade os informes amplamente espallados de queel está ao fronte do desenvolvemento do filme: “Ben, estou definitivamente a escribi-lo con Mark Andrews“, dixo.

O novo filme estará baseado na série de novelas de Burroughs, que comezou a escribir en 1911 e rematou en 1964, ambientados nun mundo fictício chamado “Barsoom” e centradas nun veterán da guerra civil americana que sen saber como é transportado ao planeta vermello, onde vivirá aventuras con princesas e guerreiros.