A NBC non producirá Wonder Woman

736

Os moitos fans que temían polo tratamento pouco fantástico que a vindeira série de televisión de David E. Kelley na NBC lle ía dar a Wonder Woman xa non terán ren de que se preocupar, porque non haberá série.

A NBC ven de abandoar o proxecto após de ver o episódio piloto, e no seu lugar emitirán unha série de perruqueiros. O abandono de Wonder Woman non é unha sorpresa moi grande. Os fans do clásico persoaxe dos cómics estiveron en contra dende o primeiro intre, facendo campañas contra o uniforme con pantalóns longos da superheroína e contra a ideia en xeral de converte-la nunha espécie de Ally McBeal de día e raíña das amazonas pola noite.

Os afortunados que poideron ver o episódio piloto din que en realidade non é tan malo, pero os tests de pantalla con espectadores reais resultaron moi negativos, e ninguén ficou convencido pola modernización do persoaxe da DC Comics. Quedou claro que cando se trata de adaptar a un persoaxe dos cómics á tele ou ao cinema, os fans son o público ao que hai que se achegar, e que cando se tenta contentar a todo o mundo, daquela non se contenta a ninguén.